Tecemos redes

A intercooperación é un dos trazos característicos das entidades que participamos na economía social e solidaria (ESS). Por iso, en Árbore participamos en diversas entidades, asociacións ou cooperativas de consumo que comparten os nosos principios e buscan desenvolver un mercado social alternativo ao sistema preponderante.

Rede de Supermercados cooperativos

Unha asociación estatal que agrupa os supermercados cooperativos co obxectivo de unir forzas para impulsar o noso modelo de distribución e consumo alimentario xusto, sustentable e democrático.

Máis información

A Gavela

Trátase dun grupo de produtoras, consumidoras e pequenos comercios que definimos conxuntamente criterios de produción e distribución, e facemos seguimento do seu cumprimento.

Máis información

REAS Galicia

Na Rede de Economía Alternativa e Solidaria participamos empresas solidarias que fomentamos o respecto polas persoas e o medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos…). Rexémonos por seis principipios básicos: a equidade, o traballo digno, a sustentabilidade ecolóxica, a cooperación, a repartición xusta da riqueza e o compromiso coa contorna.

Máis información

Espazocoop

É unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores.

Máis información

Coop57 Galicia

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que ten como obxectivo principal contribuír para a transformación social positiva da nosa economía e da nosa sociedade. A súa función principal é o financiamento de proxectos de economía social e solidaria mediante a intermediación financeira.

Máis información

Fiare Banca Etica

Un banco ético e cooperativo co obxectivo de recuperar o valor social do diñeiro. Co aforro das persoas e organizacións que comparten estes principios financia proxectos vinculados á inserción social e laboral de persoas, a agroecoloxía, a eficiencia enerxética, a educación e a cultura, e o comercio xusto, entre outros.

Máis información

Nosa Enerxía

É unha cooperativa de persoas consumidoras sen ánimo de lucro que comercializa enerxía de orixe renovable, proporcionando un servizo de calidade a un prezo xusto.

Máis información

Somos Conexión

Non é unha operadora de telefonía máis. É un proxecto colectivo creado despois de facer moitas preguntas e de ver que construír alternativas reais no campo das telecomunicacións era posible.

Máis información

Tecemos redes