Produtos ecolóxicos
A maior parte dos produtos que podes atopar en Árbore son produtos certificados ecolóxicos. Os que non teñen o selo ecolóxico poden estar certificados polo sistema participativo de garantía A Gavela ou poden cumprir outro tipo de requisitos que nos parecen suficientes e coherentes cos nosos principios.
Facemos un gran esforzo por revisar a nosa gama de produtos continuamente para que sexan representativa dos nosos valores como cooperativa de consumo responsable.
Ofrecemos unha gama de produtos superior ás 2000 referencias e traballamos habitualmente con máis de 100 provedoras diferentes.
Política de compras
Selección de produtos
As socias consumidoras son a columna vertebral da cooperativa. As súas eleccións informadas guían a escolla de produtos ecolóxicos e provedoras responsables.
Compra de novos produtos
Como cooperativista, podes suxerir e debater novos produtos. O equipo equilibra criterios e rendibilidade á hora de elixir a oferta. Tamén ofrecemos un servizo de pedidos especiais.
Prezos e transparencia
En Árbore calculamos os prezos tendo en conta custos e marxes para a viabilidade. Os descontos para socias decídense en asemblea. Apoiamos as produtoras locais con prezos xustos e transparentes.
Apoio a produtoras locais
Valoramos as produtoras locais, limitando os incrementos de prezo. Apoiamos os seus esforzos e aseguramos que gran parte do prezo chegue a elas e non só quede na cooperativa.
Marxe
A marxe (diferenza entre custo e prezo de venda) respalda a sustentabilidade da cooperativa. Cantas máis persoas se unan, máis accesibles serán os prezos.
Sen ánimo de lucro
Árbore é unha iniciativa sen fins lucrativos, que busca beneficiar a produtoras e consumidoras. Nunca se remunerou a participación nin se especulou coa venda de alimentos.