Privacidade de datos
1. Quen é o responsable do tratamento?
Consonte a normativa vixente, infórmase á persoa interesada de que os datos facilitados serán tratados por Árbore Consumo Consciente, cos seguintes datos de contacto:
- Denominación social: Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega
- Nome comercial: Árbore Consumo Consciente
- Domicilio social: Rúa López Mora, 30; CP: 36211 Vigo (Pontevedra), España
- CIF: F-36899987
- Teléfono: +34986233497
- Correo electrónico: info@arbore.gal
- Inscrita no Rexistro de Cooperativas da provincia de Pontevedra co número 774-PO
2. Con que finalidade se tratarán os teus datos persoais e durante canto tempo?
Cando as e os usuarios faciliten datos persoais a través dos formularios da páxina web de Árbore Consumo Consciente e as súas landing pages, os seus datos persoais serán tratados para as seguintes finalidades:
1. Cando as e os usuarios proporcionan datos persoais a través do formulario de «Facerse socia», a finalidade é valorar e xestionar as súas solicitudes de adhesión á cooperativa e, de ser o caso, levar a cabo as actuacións necesarias para a selección e xestión da súa inclusión como socia da cooperativa e as futuras actuacións e comunicacións que as vinculan como persoas socias cooperativistas de Árbore Consumo Consciente. Para facelo, hanse conservar os seus datos persoais, xa que como socia da cooperativa temos a obriga legal de comunicarlle xuntanzas e información básica da entidade até que nos comunique a súa vontade de darse de baixa como socia de Árbore Consumo Consciente. No caso de que non queiras recibir máis ca a información mínima legal vinculada á túa condición de socia, contacta con info@arbore.gal para que poidamos segmentar de maneira adecuada a información que recibes. Se nos subministraches información relativa a unha solicitud de alta como socia que finalmente non se materializou, conservaranse os teus datos persoais durante un ano e manteremos o teu correo electrónico de contacto, agás de nos indicar o contrario.
2. Cando as e os usuarios proporcionan datos persoais a través do formulario «Tipo de consulta», a finalidade é atender as solicitudes das persoas usuarias, teñan a condición de clientas, socias ou calquer outra. Para facelo, conservaranse os seus datos persoais durante un ano, agás de nos indicar o contrario.
Adicionalmente, os teus datos serán utilizados para proporcionarche información personalizada sobre proxectos, servizos, campañas ou eventos nos que participe ou organice Árbore Consumo Consciente, agás de nos indicar o contrario ou de exercer o teu dereito de oposición ao envío das mesmas escribindo ao enderezo info@arbore.gal. Os datos tamén poderán ser utilizados para a elaboración de informes personalizados sobre a túa actividade con Árbore Consumo Consciente. Agás de nos indicar o contrario, aplicaranse os prazos de conservación dos datos persoais indicados anteriormente, polo que é a túa responsabilidade mantelos actualizados.
3. Cal é a lexitimación do tratamento dos datos?
Con carácter xeral, tanto os teus datos como os resultantes de elaborar informes personalizados sobre a túa actividade con Árbore Consumo Consciente serán tratados sobre a base do consentimento expreso da persoa usuaria, que pode ser retirado en calquera momento. Emporiso, no caso de retirar o consentimento, isto non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.
Unha vez existe unha relación xurídica coa persoa usuaria (para as altas de socia, as altas de usuarias ou para a debida xestión dos eventos, actividades e os distintos servizos de atención tramitados por Árbore Consumo Consciente), a base lexitimadora é a execución da relación contractual.
Igualmente, no caso de que exista unha relación xurídica e non se manifestara o contrario, os datos das persoas usuarias serán tratados para o envío de información personalizada sobre proxectos, servizos, campañas ou eventos nos que participe ou organice Árbore Consumo Consciente, sendo a base lexitimadora o interese lexítimo de Árbore Consumo Consciente. Porén, a persoa usuaria pode opoñerse á recepción das devanditas comunicacións en calquera momento no correo electrónico info@arbore.gal.
4. Cales son as categorías de datos persoais que se tratarán?
En virtude do teu consentimento, Árbore Consumo Consciente poderá tratar as seguintes categorías de datos persoais:
- Datos identificativos: nome, apelidos, DNI, teléfono, enderezo postal, enderezo de correo electrónico etc.
- Datos de características persoais e sociais: data de nacemento, sexo, nacionalidade, datos de familia, lingua materna, permisos e autorizacións, afeccións etc.
- Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, historial académico, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais, situación laboral etc.
- Datos económicos e bancarios: conta bancaria, conta de tarxeta de crédito ou débito, datos fiscais, situación económica etc.
- Datos resultantes de informes personalizados sobre a túa actividade con Árbore Consumo Consciente.
- Calquera outro dato persoal que as persoas usuarias faciliten a Árbore Consumo Consciente a través dos formularios establecidos nas nosas páxinas web e os seus subdominios.
5. Datos persoais de menores de idade.
Árbore Consumo Consciente informa ás persoas usuarias de que, para proceder ao tratamento de datos persoais de menores de 14 anos, será necesario o consentimento de nais/pais, titoras/es ou daquelas persoas que ostenten a patria potestade do ou da menor.
Por iso, cando un(ha) menor participe en xeral nalgún evento organizado por Árbore Consumo Consciente ou nas súas instalacións, por un dos seus colaboradores ou por algún socio, así como para obter a condición de consumidora ou socia, cumprirá achegar os datos que identifiquen as nais/pais, titoras/es ou persoas que ostenten a patria potestade co único fin de recabar o consentimento necesario. Árbore Consumo Consciente resérvase a posibilidade de requirir o libro de familia ou calquera outro documento que determine a filiación, condición de titor(a) ou, en xeral, patria potestade sobre a/o menor.
6. Datos persoais de terceiros.
Cando as usuarias faciliten datos persoais de familiares, amizades, parellas ou calquera outro terceiro relacionado con ela, deben comprometerse a informar da política de privacidade de Árbore Consumo Consciente e, en xeral, dos termos aquí expostos e recabar o consentimento destes terceiros para o tratamento dos seus datos persoais.
7. Seguridade dos datos.
Árbore Consumo Consciente ten implantadas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias que garanten a seguridade dos seus datos e evitan a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, dado o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.
8. Quen son os destinatarios dos datos da persoa interesada?
Os teus datos persoais poderán ser comunicados ás seguintes entidades:
- Provedores de Árbore Consumo Consciente necesarios para o axeitado cumprimento das obrigas legais e/ou das finalidades indicadas arriba.
- As Administracións Públicas que por lei corresponda.
- Profesionais que colaboren con Árbore Consumo Consciente para garantir a debida atención das e dos solicitantes, así como a correcta prestación do servizo requirido.
Adicionalmente ao anterior, informámoste de que, se participas en eventos organizados por Árbore Consumo Consciente, o teu nome e fotografía poderían ser difundidos a través da páxina web da cooperativa, as súas redes sociais, entidades colaboradoras e medios de comunicación.
9. Que dereitos ten a persoa interesada?
A persoa interesada ten dereito a:
- Obter confirmación acerca de se en Árbore Consumo Consciente se están tratando datos persoais que a conciernan ou non.
- Acceder aos seus datos persoais.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a cancelación dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para as fins para as que se recolleron.
- Opoñerse ou limitar o tratamento dos seus datos persoais nos supostos contemplados na lexislación vixente.
- Á portabilidade dos seus datos.
- A revogar o consentimento prestado.
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada poderá poñerse en contacto con Árbore Consumo Consciente quer a través do enderzo postal Rúa López Mora, 30, 36211 Vigo (Pontevedra), España, quer a través do correo electrónico info@arbore.gal. Así mesmo, cando a persoa interesada considere que non se fixo efectivo o exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos.