O 26 de febreiro faremos barriñas enerxéticas!

Despois do éxito do chucrut e os fermentados temos novo obradoiro con Natalia!

Nesta ocasión aprenderemos a facer 4 tipos de barriñas enerxéticas e levarémolas para a casa. Aprenderemos a facer barriñas: 

• con ingredientes naturais e mesmo probióticos

• alto contido en proteína

• pensadas para estabilizar o índice glicémico

• sabores orixinais e auténticos

máis sostibles: menos envoltorios, máis conciencia

Prazas limitadas!

Enche o formulario e fai a túa reserva antes do 20 de febreiro.


Cando?

No noso local social, o xoves 26 de febreiro de 17.30h a 19.30h

Canto?

O prezo é de 36 euros para as socias de Árbore e de 40 euros para non socias. É necesario inscribirse mediante o formulario web antes do 20 de febreiro. O pago realizarase no momento da inscrición, podendo facerse mediante transferencia bancaria ou no punto de venda da nosa tenda. 

24 de xaneiro: Obradoiro de chucrut !