Coa colaboración de Natalia Carrillo, voltamos ás formacións no local social de Árbore!
Neste obradoiro aprenderemos todo o necesario para facer un pan artesanal sen glute na casa, sen perder a cabeza nen o peto! Con Natalia elaboraremos receitas únicas con ingredientes naturais e fariñas simples (sarraceno, arroz, millo miúdo...) coas que crear pans nutritivos, dixestivos e saborosos.
Prazas limitadas!
Enche o formulario e fai a túa reserva antes do 3 de novembro!

Contidos:
- A masa nai: proceso, beneficios e coidados.
- Pan tenro para bocadillos
- Pan de bola de sementes
- Pan de molde
- Focaccia
- Técnica de fermentación lenta
- Planificación para persoas con pouco tempo
Inclúe ingredientes e merenda degustación.
Cando?
Desenvolverase durante cinco tardes de novembro:
- xoves 13 de 18h a 20h
- venres 14 de 17.30h a 20h
- sábado 15 de 17h a 19.15h
- venres 21 de 18h a 20h
- sábado 22 de 17h a 20.15h
Canto?
O prezo será de 96 euros para as socias de Árbore e de 120 para non socias. Para formalizar a reserva é necesario desembolsar o 40% do prezo na tenda de Árbore ou mediante transferencia.