24 de xaneiro: Obradoiro de chucrut !

Comezamos o ano cun novo obradoiro no noso local!

Natalia Carrillo ensinaranos a elaborar fermentados cos que cuidar a nosa macrobiota. Neste cursiño aprenderemos a transformar a verdura de tempada nun alimento cheo de probióticos, sabor e vida. 

Prazas limitadas!

Enche o formulario e fai a túa reserva antes do 20 de xaneiro. 


A punchy Headline

Choose a vibrant image and write an inspiring paragraph about it.
It does not have to be long, but it should reinforce your image.


Add a caption to enhance the meaning of this image.
Contidos: 
  • Base de tecnoloxía de fermentación láctica de vexetais
  • Como crear as nosas propias receitas
  • Técnicas, seguemento, seguridade e control do proceso

Contará tamén cunha parte práctica na que se aplicará a teoría e todas faremos por levarnos un chucrut variado e verduras de tempada lactofermentadas con miso. 

Haberá tamén degustación!


Cando?

No noso local social, o sábado 24 de xaneiro de 10h a 13.15h

Canto?

O prezo é de 25 euros para as socias de Árbore e de 28 para non socias. É necesario inscribirse mediante o formulario web antes do 20 de xaneiro. O pago realizarase no momento da inscrición, podendo facerse mediante transferencia bancaria ou en efectivo na nosa tenda. 

Inscríbete!



Curso: pans tenros sen glute de masa nai