Árbore é máis ca unha tenda. Pretende ser tamén un espazo de encontro, non só das persoas socias, senón tamén da veciñanza. Un lugar no que hai máis ca simples intercambios de produtos/servizos por diñeiro. Por iso comprácenos moito anunciar que xa está operativa a nosa biblioteca.
Nestes momentos contamos con máis de 800 obras doadas e xa están dispoñibles para que as poidades coller prestadas. Nesta entrada do blog queremos explicarvos como consultar o catálogo e como facer para usar este novo servizo gratuíto.
O catálogo
Se queredes comprobar se temos un libro ou
sinxelamente ver se atopades algunha obra que chame a vosa atención,
consultade o noso catálogo nesta ligazón.
Podedes facer buscas por título e autoría para filtrar os
resultados, mais tamén tedes o catálogo completo na segunda lapela.
Sodes benvidas no noso local social para botar
unha ollada. Con todo, tede presente que esta non é a actividade
principal de Árbore e que as persoas que están atendendo na tenda
non se encargan da biblioteca, polo que non vos van poder asesorar
nin van xestionar os empréstitos de libros. Para asegurarvos de que
ides poder levar as obras que vos interesan no momento en que pasedes
por Árbore, recomendamos escribir con 24 horas de antelación (días
laborables) a info@arbore.gal.
Cómo funciona?
Podes coller libros prestados tanto se es socia como se non, pero as condicións son distintas:
Socias
| Non-socias
|
Confiamos en que gocedes deste novo servizo. Ah, e se tedes algún libro que queirades doar, non deixedes de dicírnolo. Temos un espazo bastante limitado, pero faremos o posible por aceptalo e ampliar o número de obras dispoñibles.