Logo de Árbore

Tenda ecolóxica en Vigo​

Tenda de alimentos ecolóxicos e de comercio xusto

Árbore é unha tenda de productos ecolóxicos que promove un consumo responsable dende hai 20 anos. Ofrecemos a persoas socias e non-socias unha selección de produtos ecolóxicos, veganos e vexetarianos, frescos e locais, xunto con todo tipo de graneis e bens de comercio xusto.

En Árbore promovemos o consumo responsable, coidando o medio e o respecto polas persoas e polos animais, valorando as consecuencias económicas, ecolóxicas e sociais das nosas formas de alimentación.

Traballamos con multitude de produtos de orixe ecolóxica. Na nosa tenda de Vigo poderás atopar unha grande variedade de produtos: dende alimentación até cosméticos, pasando por artigos de hixiene, suplementos nutricionais etc.

Visita a nosa tenda en Vigo e accede a alimentos ecolóxicos, produtos locais e de comercio xusto.

Ir a comprar

Interior da tenda
Caixas con froita

Produtos locais

Coa compra de froitas e verduras frescas apoiamos ás produtoras e produtores locais, con entregas semanais de alimentos recén collidos e unha relación sólida.

Cestas do pan

Pan do día

Todas as semanas recibimos pans frescos, pero tamén temos unha ampla variedade de galletas e algúns produtos de repostaría.

Dispensadores de graneis

Graneis

Os graneis son a mellor forma que coñecemos de reducir residuos, de que cada quen poida mercar só o que precisa e de, ao mesmo tempo, reducir prezos.

Verduras da horta

Veganos e vexetarianos

n Árbore promovemos o respecto polos animais, por iso ofrecemos produtos que non implican sacrificio animal.

Somos cooperativa

En Árbore temos un compromiso coa economía social e solidaria; ser socia é máis ca obter unha tarxeta de fidelización, é ser propietaria da nosa propia cooperativa. 

Non es socia?

Descobre os beneficios de ser parte de Árbore e únete á nosa comunidade para promover un consumo responsable e sustentable. 

Ser socia implica poder tomar decisións sobre o funcionamiento da cooperativa pero, ademais, ser socia tamén implica gozar de descontos e promocións.

Cooperativa galega

Coñece os descontos para as nosas socias!

Escolle un estilo de vida ecolóxico e equitativo, faite socia agora e súmate á nosa cooperativa.

Contacta connosco

Separate email addresses with a comma.

Grazas polos teus comentarios

Responderemos o antes posible.
Namentres, convidámoste a visitar o noso sitio web.

An address must be specified for a map to be embedded