Consumo Consciente Árbore
Sociedade Cooperativa Galega
Árbore nace como cooperativa de economía social en 2001 co propósito de facilitar un consumo consciente de alimentos ecolóxicos e de comercio xusto. Ofrecemos a persoas socias e non-socias unha gran selección de produtos frescos e locais, xunto con todo tipo de graneis e bens de comercio xusto.
Os nosos produtos
Froitas e verduras
Coa compra de froitas e verduras frescas apoiamos ás produtoras e produtores locais, con entregas semanais de alimentos recén collidos e unha relación sólida.
Os nosos principios
Ecoloxismo
Unha forma de practicar o ecoloxismo é mediante a compra de produtos a granel. Ademais de abaratar custos, podes prescindir do uso de envases innecesarios e mercar só o que precisas.
Comercio xusto
Coa nosa actividade económica procuramos coidar as relacións con todas as nosas provedoras; as máis próximas e tamén as que quedan máis lonxe, normalmente en países do Sur Global.
Economía solidaria
Cremos nunha forma diferente de economía, na que as empresas se xestionan democraticamente, antepoñan os dereitos das persoas, e buscan o impacto social positivo e o coidado do medio.
Consumo consciente
No corazón da nosa cooperativa está o compromiso co consumo consciente. Proporcionamos acceso a alimentos ecolóxicos, saudables e respectuosos co medio ambiente.